O Sarria Blues no Camiño traerá como novidade un pasarrúas musical

SarriaXa
Estará amenizado pola banda de 'early jazz', 'dixie' e 'swing', The Dixie Blinders, e pola Orquestra Municipal de Sarria
Sarria-Blues-no-Camiño
30 Xul 2024

O Sarria & Blues no Camiño convida os veciños a participar no pasarrúas que se celebrará o sábado 3 de agosto, dentro da programación do festival de músicas afroamericanas, que se celebrará en sarria entre o 1 e o 4 d agosto.

Nesta terceira edición haberá, como novidade, un pasarrúas musical, ao estilo dos que se celebran en Nova Orleans, un dos principais berces do jazz e o blues, que estará amenizado pola banda de early jazz, dixie e swing, The Dixie Blinders, e pola Orquestra Municipal de Sarria.

A organización do festival convida a todos os veciños a sumarse ao desfile, de forma privada ou como asociación, charanga carnavalera ou calquera outro tipo de colectivo, a esta festa musical que percorrerá a rúa da Liberdade a partir 19.00 horas.

O desfile xa se ensaiou o ano pasado, pero nesta ocasión para a horario de tarde-noite con vocación de converterse no acto central desa cita musical. O Sarria & Blues non Camiño 2024 renderá nesta ocasión unha homenaxe especial ao blues feito en Galicia.

0.17570281028748