O Sarria Rock Fest 2025 reunirá a Dreams of Dolly Sheep e Scarecrow en setembro

O Sarria Rock Fest 2025 terá lugar o sábado 13 de setembro na Sala Buril a partir das 22.00 horas.
O evento contará coa participación de dúas bandas de referencia no panorama galego: Dreams of Dolly Sheep (DODS), formación viguesa en activo desde 2004 que se caracteriza polo seu son poderoso e letras cargadas de crítica social, e Scarecrow, grupo coruñés que mestura metal alternativo e sonoridades contundentes, consolidándose como unha das propostas máis sólidas da escena.
O festival desenvolverase en formato de billetera inversa, un sistema no que o público paga a súa entrada ao rematar o concerto segundo o valor que lle queira dar á experiencia.