O Sarria Sorrí remata este sábado con dúas actuacións

SarriaXa
O vindeiro sábado 14 de agosto finaliza de maneira especial a II Edición do Sarria Sorrí con dous espectáculos diferentes.
contacontos pedro brandariz
12 Aug 2021

O vindeiro sábado 14 de agosto finaliza de maneira especial a II Edición do Sarria Sorrí con dous espectáculos diferentes. Por unha beira, o protagonizado por Pedro Brandariz e, pola outra, o protagonizado por Luís Piedrahita.

Así pois, a xornada comezará xa de mañá, ás 12 horas, para gozar do espectáculo infantil de Brandariz, unha actuación chea de humor no que o protagonista tamén busca traballar a educación en valores e a recuperación das tradicións. A obra é gratuíta e está dirixida aos máis pequenos.

Por outra beira, ás 21 horas será o turno de Luís Piedrahita cun espectáculo dirixido a todos os públicos. Directamente desde a Gran Vía Madrileña á Praza de Santa Mariña de Sarria un dos humoristas máis recoñecidos deste país. Neste caso, é preciso comprar entrada, ben no Estanco Gallego, no Casino, Meigallo ou en Ataquilla. com

sarria sorri

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18118691444397