O Sarriana volve liderar trala vitoria desta fin de semana

SarriaXa
El Sarriana lidera el grupo de Preferente después de ganar el partido de este fin de semana. En segunda se recuperaron encuentros aplazados.
futbol pelota campo balon
31 Xan 2022

Esta fin de semana serviu para celebrar os partidos aprazados nas xornadas anteriores debido a elevada incidencia da Covid 19 no grupo 2B de Segunda.

En Preferente, o Sarriana venceu 0-2 ao San Tirso, desta forma ponse líder de novo con 38 puntos. O encontro foi dominado polos lucenses no primeiro tempo, que foron quenes de converter un penalti en gol no minuto 33. Pouco despois, no 37, os sarriaos afianzaron o resultado co 0-2 que defenderon ata o final do encontro.

Na seguinte xornada, o Sarriana xogará contra o segundo na clasificación o Atl. Coruña Montañeros.

En Segunda Galicia o grupo 2A xogou a xornada que lle correspondía. Exceptuando o enfrontamento entre o SP Lucense e o Páramo que se suspendeu.

Por outra banda, o Paradela xogou contra o Antas e empatou a 1. O encontro estreou o marcador no minuto 9 co gol dos visitantes e, na metade da segunda parte, os locais lograron igualar o resultado que quedou en 1-1 ata o final. Sumar este punto na clasificación supúxolle ao Paradela o ascenso ata o segundo lugar da táboa.

No grupo 2B esta fin de semana serviu para xogar encontros aprazados.

O Oural perdeu pola mínima contra un Río Sil que non deixou perder nin unha oportunidade. O Río Sil púxose por diante no principio do encontro e, cando o Oural logrou igualar o marcador, soubo sacar vantaxe de novo. Chegaron ao descanso co marcador en 1-2 que pronto sumaría o 1-3, tras este gol, os sarriaos loitaron acadando o 2-3 e, a continuación o Río Sil afianzou resultado co 2-4 que se mantivo ata o minuto 90 no que os locais recortaron distancias co 2-3. Un marcador insuficiente para facerse co partido.

O Incio, pola súa parte, non lle deu tregua ao Quiroga na súa casa. Os de Sarria encaixaron o primeiro punto no minuto 2 do encontro. Dez minutos despois afianzaron co 0-2. Os locais intentaron achegarse co 1-2 do 18’ pero antes de chegar ao descanso os do Incio xa anotaran o 1-3 que defenderon ata o final do enfrontamento.

Estes partidos deixan ao Oural na terceira posición con 16 puntos e ao Incio na sexta con 12.

0.066176176071167