O sarriao Abraham Cupeiro presenta o seu novo proxecto, 'Mythos', a partir de febreiro
Abraham Cupeiro comeza este ano cun novo proxecto artístico, musical e enfocado na cultura grega a través do nome 'Mythos', co que levará a cabo catro concertos a partir de febreiro e marzo.
Así, levará a súa nova música a Lugo, Ferrol, Santiago e Ourense, coa que quere transmitir á xente que lle vaia ver unha mirada cara ao pasado, cando "a humanidade pensaba no descoñecido, no cosmos, e para entender mellor de onde viña, creaban lendas e historias mitolóxicas".
O espectáculo será "unha fantasía musical, xa que utilicei instrumentos veraces da Antiga Grecia, como o Aulos, e tamén rescatamos o corno romano, unha trompa xigante que se utilizaba na Antiga Roma", explica.
En definitiva, di que está moi "satisfeito co resultado acadado", aínda que recoñece que foi "un traballo realmente agotador, porque tivemos que escribir a música, orquestrar... e todo en pouco tempo". Así, din que "chegamos á meta e agardamos que lle guste aos espectadores".
https://galiciaxa.com/2023/06/sxa/sec-sxa/cul-sxa/214013/