O sarriao Juan Pedro Durán comeza a tempada no 'snooker'
O sarriao Juan Pedro Durán, máis coñecido como Gusi, comeza a tempada no snooker a nivel individual con diversas datas confirmadas para competir neste deporte.
Ademais, será o primeiro ano no que estará no circuíto QTOUR da WPBSA, mentres segue á espera do que pasará coas instalacións onde imparte clases na Escola de Billar de Sarria, que se atopan na Feculera que o Concello debe devolver ao seu propietario e, por tanto, non ten un sitio habilitado na actualidade para proseguir con ditas clases.
Así, o deportista sarriao está competindo agora no Qtour 1 e ata o 18 de agosto en Leeds, Reino Unido; e a seguinte data será do 6 ao 8 de setembro, cando estará no Torneo Internacional Invitacional Inline Snooker en Oporto, Portugal. Tamén en setembro estará no Qtour 2, entre os días 19 e 22 Septiembre en Sofía, Bulgaria; e do 27 ao 29 de setembro participará na 1ª Copa España Snooker en Zaragoza.
En outubro, estará no Qtour 3, do 3 ao 6 en Estocolmo, Suecia; e do 10 ao 23 participará dos Campionatos Europa EBSA Snooker en Algarve, Portugal. Mentres, en novembro estará no Qtour 4, do 7 ao 10 en Manchester, e do 28 ao 30 de novembro estará en Valencia, na 2ª Copa España Snooker.
Xa en decembro, estará no Qtour 5, do 12 ao 15 en Viena, Austria; e do 9 ao 12 en Zurich, Suíza, no Qtour 6. E, seguindo a traxectoria, estará no Campionato España Snooker do 17 ao 19 de xaneiro en Zaragoza.
Xa en febreiro competirá no Qtour 7, do 6 ao 9 en Landywood; do 21 ao 23 de febreiro estará en Valencia na 3ª Copa España Snooker, e a 4ª será do 4 ao 6 de abril en Madrid e, finalmente, a 5ª Copa será do 13 ao 15 de xuño en Zaragoza.