O sarriao Juan Pedro Durán valora positivamente a súa participación nos Campionatos de Europa de Snooker

O profesional de Sarria, Juan Pedro Durán, coñecido como Gussy, participou no combinado nacional nos Campionatos de Europa de Snooker, celebrados por primeira vez en España, na cidade de Valencia.
Durán explicou que se tratou dunha representación de Sarria a nivel continental, xa que os campionatos eran absolutos: “Foi unha representación de Sarria a nivel continental, porque foron os campionatos absolutos, me lastrou bastante levar sete meses sen adestrar, quedéi eliminado na fase de grupos, pero levo comigo a experiencia. Van sete europeos, dous mundiais, queremos seguir sumando e seguir competindo”.
O xogador destacou tamén que a competición desenvolveuse en 16 mesas, o que mostra o gran nivel do torneo. Comentou que tanto el como o seu compañeiro Diego Rey foron eliminados pronto, pero que a experiencia resultou enriquecedora: “Quedamos eliminados os dous pronto, tanto Diego Rey como eu, pero estamos contentos por disfrutar da experiencia”.