O sarriao Matías López será homenaxeado dobremente na Feira de Turismo Expocidades que acolle Sarria
SarriaXa
Ademais de estar exposta a mostra 'Matías López, precursor do márketing', tamén haberá un Obradoiro Infantil con Chocolate Matías López

28 Apr 2025
O Concello de Sarria, no marco da Feira de Turismo Expocidades, que se celebrará esta fin de semana, do 2 ao 4 de maio, organiza un Obradoiro Infantil con Chocolate Matías López.
Así, a actividade terá lugar o sábado 3 e o domingo 4 de maio ás 11.00 horas e para participar haberá que reservar praza a través do número 722 876 073.
Este evento servirá para aprender de forma lúdica a facer chocolate e tamén para achegar aos máis pequenos a figura do sarriao Matías López, que fundou unha fábrica de chocolate e ao que se lle considera o primeiro en facer publicidade en España a través dos seus carteis, que estarán expostos na mostra 'Matías López, precursor do márketing' tamén durante a Expocidades 2025 na Capela do Perpetuo Socorro da Praza da Vila.