O SD O Páramo xa prepara a súa nova tempada co cadro de xogadores
O equipo SD O Páramo prepara a nova tempada de 2023/2024 despois de dala por terminada en xuño celebrando unha comida conxunta nas Feiras de Primavera, na que puxeron en valor o traballo do equipo a pesar de ser “unha tempada con moitas dificultades”. Así, deron grazas a colaboradores e patrocinadores polo apoio durante a tempada e tamén a afección.
A partir deste momento, foron anunciando as renovacións do cadro de xogadores que formarán parte do equipo nesta tempada na que loitarán por conseguir novos e mellores éxitos que na anterior.
Así, os nomes que se corresponden cos xogadores desta nova tempada son o de Jony Lombardía, Borjita, o capitán Hugo Fontal, o defensa Miguel Ares, Juan López, Joni Lopes, Hugo Gallego, Bruno López Amil “Bolo”, Anton Domínguez, Édgar Vázquez, o porteiro Marquitos, José López, Dani López e Javi López.