O SD Paradela celebrará a súa Copa Deputación cos veciños do municipio esta noite

SarriaXa
O SD Paradela celebrará a súa Copa Deputación cos veciños do municipio esta noite, cando darán unha volta polo pobo
SD Paradela 2
30 Xuño 2023

O equipo de fútbol SD Paradela anuncian que a partir das 21.00 horas deste venres, 30 de xuño, estarán dando unha volta por Paradela para saudar aos veciños e veciñas do municipio.

Así, queren facer acto de presencia para celebrar, xunto con socios, afeccionados, familiares, amigos e veciños, a Copa da Deputación que gañaron contra o pasado domingo no seu enfrontamento final contra o Cospeito no campo de Sangoñedo, en Chantada.

Durante esta iniciativa, todas as persoas interesadas poderán falar cos xogadores, equipo deportivo e técnico para felicitarlles e tomar con eles, incluso, unha copa, coa que poderán analizar o futuro do fútbol en Paradela.

0.086452007293701