A SD Paradela vén de confirmar novas renovacións do seu cadro de xogadores
Desde o equipo da SD Paradela veñen de confirmar novas renovacións do cadro de xogadores para a vindeira tempada 2024-2025 no Gandarón.
Así, os confirmado son Juan Silva, nado en Arxentina no 1994, que xogará a sáa 4ª temporada no club; David Losada, nado en Sesmonde (Paradela) no 1999, que xogara a súa 3ª temporada; e Alonso Rodríguez, nado en Perú no 1993, e que xogará a súa 3ª temporada no club.
Por outra parte, confirmaron tamén a Alejandro González, nado en Lugo no 2006, que xogará a súa 3ªtemporada no club; Javier López, nado en Santa Icía, Sarria no 1998, e que xogará a súa 2ª temporada no club; Andrés López, nado en Belante, Sarria no 1999, que xogará a súa 2ª temporada no club; e Luis García, nado en Lugo no 2006, que xogará a súa 2ª temporada no club.