O SD Sarriana xogará este domingo na Ribela contra o SD Sofan

SarriaXa
O equipo de fútbol SD Sarriana xogará este domingo ás 17.30 horas no estadio A Ribela contra a Sociedade Deportiva Sofan
partido sarriana sofan portada
16 Sep 2022

O partido que dará comezo ás 17.30  horas busca poñer de novo en pe esa marea branca que tanto ánimo traslada ao clube.

Esta vez o contrincante non é outro que a Sociedade Deportiva Sofan, un equipo de fútbol dunha parroquia situada no municipio de Carballo, que foi fundado no ano 1979 e militou na tempada 2021-22 no Grupo I da Terceira División RFEF.

En palabras do propio presidente da SD Sarriana Manuel Sangil, “facemos un moi bo balance da tempada pasada malia non ter conseguido o ascenso a Terceira RFEF. Voltamos recuperados e con ilusión e pensamos que á terceira vai ser a vencida e este ano vai ser o ano do ascenso a Terceira División“, asegura Sangil.

Con respecto ás novas incorporacións que se unen este ano ao clube, Sangil destaca o feito de que “se mantén o que é a base do equipo do ano que vén, reforzando as posicións que tiñamos máis débiles e hai que recoñecer que este ano o conxunto de xogadores é moi amplo xa que hai dous por posto. O ano pasado quedámonos un pouco curtos e creo que este é un equipo de garantías para afrontar unha tempada tan larga como é a do 2022/23“.

partido sarriana sofan
0.19091606140137