O sector cárnico convoca unha manifestación para esixir a reapertura do matadoiro de Sarria

SarriaXa
O sector considera que “por un capricho do alcalde non se pode ter pechado un servizo tan importante para a comarca de Sarria”
matadoiro-Sarria
10 Nov 2024

O sector cárnico e afectados polo peche do matadoiro municipal de Sarria convocaron a unha reunión aos grupos políticos e sindicais con representación no Concello de Sarria, e a diferentes representantes dos concellos da comarca este pasado venres.

Na reunión, abordáronse os prexuízos económicos que “está a xerar para o sector o peche do matadoiro”, tal e como sostiveron os participantes, que coincidiron en que “non hai ningún motivo para que o matadoiro non se reabra de forma inmediata unha vez que se terminen as reparacións da caldeira”.

Así, o sector considera que “por un capricho do alcalde non se pode ter pechado un servizo tan importante para a comarca de Sarria”. Así, a estas criticas tamén se sumaron particulares afectados pola matanza de porcino tradicional.

Por todo isto e para loitar contra a perda dun servizo fundamental, convocouse unha manifestación para esixir a reapertura inmediata do matadoiro, que será o xoves 14 de novembro ás 12.00 horas con saída do cruce dos catro camiños e que rematará fronte ao Concello.

“Animamos a tódolos veciños a defender o noso pobo e conseguir unha manifestación masiva para que Sarria non camiñe cara a atrás”, concluíron.

0.16041398048401