O sénior A da SD Sarriana está a piques de confirmar que se manterá en 3ª RFEF
O sénior A da SD Sarriana ten case segura a permanencia en 3ª RFEF despois de gañar varios enfrontamentos nos que demostraron a súa capacidade de resistencia. Así o explica José López, coordinador do equipo.
“Estamos contentos co traballo do equipo e contamos con manternos na categoría, que era o obxectivo da tempada”, defende. “Agora, a seguir desfrutando da categoría e aspirar a xogar os playoff de ascenso a Segunda, aínda que é difícil porque estamos nunha categoría moi igualada, todos están competindo”, explica. “Sempre hai que mirar cara arriba e se as cousas seguen indo ben, intentaremos competir cara adiante”.
Con respecto ao resto de equipos, o Infantil ten como obxectivo cara ao final da Liga ascender a categoría interprovincial, “a nova que se creou este ano entre provincial e galega”, explica López, “e a intención é meterse aí para xogar o ano que vén nela”.
Pola súa parte, o equipo cadete “tivo mala sorte porque é unha boa xeración, pero queríamos ascender tamén a interprovincial e non vai ser, mantémonos en 1ª autonómica”.
Por último, con respecto aos xogadores de fútbol 8, defende que seguen traballando a metodoloxía de “fomentar o traballo individual, que collan hábitos máis que entrenar o xogo colectivo co fin de desenvolver a formación técnica. Temos nenos e nenas moi bos xogando”, conclúe.