O Sergas inicia un cribado masivo en Sarria

SarriaXa
Faranse unhas 1.500 probas co obxecto de detectar asintomáticos positivos no municipio. Todos os detalles, aquí.
covid cribado pcr
29 Xan 2021

O Sergas realizará desde a tarde deste venres, 29 de xaneiro, un cribado masivo de probas de antíxenos en Sarria. A realización das probas seguirá o sábado e todas as tardes da semana que vén, ata que se fagan un total de 1.500.

Para participar no cribado convidarase a homes e mulleres do municipio de entre 30 e 60 anos. Todos serán citados persoalmente, ben a través dunha chamada telefónica ou ben por sms.

A realización dos cribados forma parte da estratexia do Sergas para tratar de frear a propagación da covid-19. Con estes estudos masivos preténdese detectar asintomáticos positivos.

0.18494606018066