Sanidade programa un cribado nunha aldea e nun edificio de Sarria por un gromo familiar
SarriaXa
Trátase de evitar contaxios derivados do gromo focalizado nunha familia que vive en Sarria e traballa nunha granxa dunha parroquia rural
11 Mar 2021
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, confirmou a existencia dun novo gromo de covid no municipio, neste caso focalizado en "unha familia" que vive na localidade, aínda que os adultos "traballan nunha granxa" de gando vacún nunha parroquia rural.