O servizo Coidados porta a porta estará en Samos en setembro

SarriaXa
Samos acolle o servizo de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia os vindeiros días 7, 8 e 11 de setembro, onde poderanse facer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para maiores de 55.
31 Ago 2023

Para isto, hai que solicitar cita previa nos seguintes teléfonos: 622 748 283 ou 623 546 992; ou tamén se pode solicitar a través de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Ademais deste servizo, o venres día 8, ás 19.00 horas, tamén terá lugar na Casa do Concello unha charla informativa baixo o nome de 'Coidados auditivos para persoas maiores de 55 anos' aberta para todo aquel que queira ir.

0.17602896690369