O Servizo de Atención Temperá de Sarria organiza un curso de primeiros auxilios pediátricos para familias

O Servizo de Atención Temperá (SAT) de Sarria pon en marcha un curso de primeiros auxilios pediátricos dirixido a todas as familias interesadas en adquirir coñecementos prácticos para facer fronte a posibles emerxencias cos nenos.
O curso desenvolverase nas instalacións do SAT, situadas na Avenida Becerreá, baixo o local de Fotografía Formoselle – O Garaxe, e será impartido por profesionais da entidade Matronas e Nais.
As prazas son limitadas e darase prioridade ás familias usuarias do SAT, aínda que está aberto a toda a cidadanía. O custe do curso será abonado directamente ás profesionais que o impartan, sen que o SAT, a entidade organizadora ou os concellos obteñan ningún beneficio económico.
As datas do curso están aínda por determinar e escolleranse mediante votación entre os interesados. Para máis información sobre o custe, a inscrición ou a votación da data preferida, pódese contactar co equipo do SAT no teléfono 621 371 524 en horario de luns a venres, de 08:30 a 09:00 e de 14:30 a 15:30.
Esta iniciativa busca ofrecer recursos útiles para o benestar familiar e a preparación ante situacións de emerxencia dos máis pequenos.