O Servizo de Atención Temperá xa está en marcha para os concellos da comarca de Sarria
O Servizo de Atención Temperá xa está en marcha para os concellos da comarca de Sarria, que son Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela; en horario de luns a xoves de 08.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; mentres que os venres haberá só horario de 08.30 a 12.30 horas.
As familias que necesiten dispoñer deste servizo, poderán ser atendidas nas dependencias do colexio Nuestra Señora de la Asunción, en Sarria, onde haberá un mestre psicomotricista, unha logopeda e unha psicóloga especializados en desenvolvemento infantil con formación específica.
Este é un servizo gratuíto para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelo, ou estean nunha situación de vulnerabilidade. Ademais, acompáñase ás familias.