O servizo Sarria Concilia vén de ser adxudicado para desenvolverse durante un ano

SarriaXa
Esta conciliación desenvolverase nos colexios Frei Luis de Granada, e Antonio Fernández López de Oural e na Escola Infantil Xela Arias
colexio-Frei-Luís-de-Granada-Sarria
26 sep 2024

O servizo Sarria Concilia vén de ser adxudicado á empresa A Billarda S.L. por un importe de 193.468 euros e cun prazo dun ano de execución, no que se levarán a cabo as actividades de conciliación escolar, ludotecas de verán, Nadal e Semana Santa.

Esta conciliación desenvolverase nos colexios Frei Luis de Granada, e Antonio Fernández López de Oural e na Escola Infantil Xela Arias, así como nos periodos non-lectivos terá lugar no Frei Luis de Granada e no IES Gregorio Fernández.

A empresa adxudicataria deberá subrogar a once traballadores, un coordinador e dous monitores a xornada completa, así como outros oito monitores a xornada completa, un auxiliar de cociña e unha persoa de limpeza.

0.064788103103638