O sorteo do Lotón de Sarria xa ten gañador

SarriaXa
David Rodríguez López gañou os mil euros do sorteo do Lotón celebrado o 4 de xaneiro organizado cada ano polo Centro Comercial Urbano de Sarria (ACES) debido ao tícket dunha comida no Bar Parisien de Sarria.
5 Xan 2023

O autónomo da Empresa Galega de Impermeabilizacións só cubriu un boleto entre os miles que había na urna correspondentes a compras de clientes dos comercios asociados a ACES, e realizadas entre 15 e 31 de decembro.

O sorteo, que tivo lugar no bulevar da Calvo Sotelo, consiste nun galardón no que tes que coller a chamada ou devolvela antes de dúas horas e aceptar o premio.

Agora, este veciño sarriao ten o resto do día para gastar todo o diñeiro en establecementos locais.

0.17780995368958