O sorteo realizado pola campaña do Día da Nai da ACES de Sarria tivo como gañadora a Nieves Gayoso
SarriaXa
Nieves Gayoso Álvarez gañou o sorteo realizado pola campaña denominada 'A nai que me pariu' con motivo do Día da Nai que promoveu a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.
8 Maio 2024
Nieves Gayoso Álvarez gañou o sorteo realizado pola campaña denominada 'A nai que me pariu' con motivo do Día da Nai que promoveu a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.
Así, grazas a unha compra realizada en Isabel Moda, esta veciña sarriá foi a elixida no sorteo que tivo lugar este mañá nas oficinas da ACES e no que estivo o presidente do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, Ricardo Arias.
Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra dende o 22 de abril ata o Día da Nai, puideron optar a gañar unha fin de semana para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo.