O suba do prezo da taxa da auga pode afectar aos cidadáns de Sarria, denuncia o PSOE

SarriaXa
O suba do prezo da taxa da auga pode afectar aos cidadáns de Sarria, denuncia o PSOE
suministro auga
27 Jan 2023

O PSOE de Sarria denunciou a suba da taxa da auga, que suporía aproximadamente un 10% sobre o prezo actual, unha situacion que, explican "é unha situación que afectará aos cidadáns".

Hai que lembrar que este contrato foi asinado 2007, cando o alcalde era Jose Antonio García, pero defenden que, agora, "non é o momento idóneo para aplicar o devandito incremento pola situación de crise post-pandémica e unha certa perda de poder adquisitivo dos cidadáns por diversas circunstancias".

Así, piden que o equipo de goberno poña en marcha todas as medidas posibles para que esta situación "non afecte o máis mínimo aos nosos veciños".

Situación da residencia de maiores

Por outra banda, desde o partido socialista sarriao explicaron que as situacións que se están a dar na Casa do Concello e na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme están saíndo á luz polo enfrontamento entre Claudio Garrido e Benjamin Escontrela.

Opinan que os dous "son coñecedores de todas as situacións que están a saír e en lugar de culparse mutuamente, terán que asumir o seu grao de culpabilidade e resolver canto antes todos os problemas".

Así, din que os usuarios da Residencia e os cidadáns de Sarria "non teñen que ver mermados os seus dereitos e benestar debido ao abandono e ineficacia de ambas partes".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15870094299316