O subministro eléctrico de Triacastela será mellorado con obras por un valor de 900.000 euros
O subministro eléctrico de Triacastela será mellorado grazas a unha inversión da máis de 900.000 euros por parte da compañía UFD, distribuidora de Naturgy. Este presuposto será invertido na mellora da subestación do Concello situado na estrada que unifica Sarria con Pedrafita do Cebreiro na saída de Triacastela. Preto deste lugar, Triacastela proxecta o polígono industrial.
As actuacións suporán un incremento na seguridade xa que constarán da construción dun edificio para poder blindar os elementos de media tensión que na actualidade están ao aire libre. Isto aumentará a calidade e a fiabilidade do subministro de Triacastela, Sarria e Monforte de Lemos.
A compañía prevé comezar os traballos no vindeiro mes de abril para rematalos antes de que remate o ano, por iso, na actualidade está tramitando os permisos necesarios para a obra.
A publicación no Boletín Oficial da Provincia e o DOG, UFD conta coa autorización da administración autonómica para unha renovación completa da subestación cun importe de 839.791,79 euros. O organismo aprobou tamén a adecuación das saídas das liñas das instalacións. Estas son sete soterradas e catro aéreas. A inversión para estes traballos será de 95.119,30 euros.
O total de ámbalas dúas actuacións suman 934.911 euros, a maior inversión da UFD na zona. O prazo de realización dos traballos será de 12 meses que comezarán a contar no momento no que se conceda o último permiso administrativo.