O Obradoiro de emprendemento do Destino Courel terá lugar en Triacastela
Unha das actividades do Xeodestino Courel terá lugar o 24 deste mes no Centro Social Fonte do Lunar de Triacastela. O obradoiro de emprendemento que está dirixido aos comerciantes, artesáns, pasteleiros, negocios de restauración, produtores de experiencias turísticas e mel, etc. fomentará o emprendemento e o talento presente no territorio. Haberá un total de 20 prazas e a inscrición é gratuíta.
A actividade está dirixida a todas a aquelas persoas que estean interesadas en comezar a súa andaina nun oficio ou proxecto relacionado coa castaña e o mel a través do emprendemento, sen esquecer todos aqueles profesionais que queiran desenvolver ou mellorar o seus modelos de negocio ou actividades profesionais neste sector: restauración, obradoiros de pastelería e confeituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc
A programación pola mañá será:
10:00 h. Benvida e introdución ao taller.
10:30 h. Cultura emprendedora e sostibilidade
11:00 h. Conceptos e coñecementos básicos (Desing Thinking & Lean Startup).
12:00 h. Pausa Café & Networking
12:30 h. Modelos de negocio sustentable e innovación.
13:15 h. Financiación e valoración de resultados do emprendemento sustentable.
14:00 h. Xantar.
Tarde:
16:00 h. Emprender coa castaña e o mel, unha oportunidade de negocio.
16:30 h. Análise de casos de éxito: proxectos de emprendemento sustentables para a
potencialización de produtos locais no destino.
17:30 h. Workshop “Introdución ao desenvolvemento de proxectos locais
sustentables”.
19:00 h. Clausura
Esta acción contribúe á consecución da liña estratéxica “apoio ao tecido empresarial”, enmarcado no Plan Director 2021 - 2023 Galicia Destino Seguro.