O Torneo Memorial Pedro Canoa que se celebrou en Sarria foi todo un éxito e repartiu moitos trofeos

SarriaXa
O Real Sporting de Gijón proclamouse campión na categoría Infantil do torneo
Torneo-memorial-Pedro-Canoa-Sarria-2024
Real Sporting de Gijón celebrando ser campión na categoría infantil do Torneo Memorial Pedro Canoa de Sarria
10 Xuño 2024

O Torneo Memorial Pedro Canoa que tivo lugar esta fin de semana da man da SD Sarriana e o Concello de Sarria acolleu a participación de arredor de 850 xogadores de fútbol base de 24 clubs e 72 equipos, polo que houbo moitos campións.

Así, na categoría prebenxamín o 1º clasificado fase ouro foi Maristas CF, o 2º clasificado na fase ouro foi SDC Residencia, o 1º clasificado fase prata foi ADC Sagrado Corazón, o mellor porteiro foi Mario Asensio e o mellor xogador foi Jano Veiga.

Pola súa parte, na categoría benxamín, o 1º clasificado na fase ouro foi o Pabellón Ourense CF, o 2º clasificado na fase de ouro foi o EF Polvorín e o 1º clasificado na fase prata foi a SD Sarriana; mentres que o mellor porteiro foi Martín González, da SD Sarriana, e o mellor xogador foi Iago Álvarez, do Pabellón Ourense CF.

Na categoría alevín, o 1º clasificado na fase ouro foi o Pabellón Ourense CF, o 2º clasificado na fase ouro foi o CP Casás e o 1º clasificado na fase prata foi SD Viveiro. Ademais, o mellor porteiro foi Constan, do Pabellón Ourense CF, e o mellor xogador foi Pablo Piñeiro, do CP Casás.

Finalmente, na categoría infantil, o primeiro clasificado na fase ouro foi o Real Sporting Gijón, o 2º clasificado na fase ouro foi o Ural Español CF e o 1º clasificado na fase prata foi o EF Polvorín. O mellor porteiro nesta categoría foi Rafa Sanoe, do Ural Español CF e o mellor xogador foi Mateo Muñiez, do Sporting de Gijón.

Agradecemento desde a organización do evento

Desde a organización do evento, por parte do equipo sarriao a SD Sarriana, din que agradecen a todos os equipos participantes "a súa participación" e que esperan "volver vervos o próximo ano".

Así, tamén quixeron dar as grazas polo "bo facer e a implicación de todos os árbitros, peza clave e indispensable deste deporte", así como agradeceron a colaboración do Concello de Sarria e, concretamente, á Concellería de Deportes e aos seus traballadores "que axudaron durante esta fin de semana tan intensa, xa que sen eles sería imposible levar a cabo todo isto".

0.16057896614075