O Torneo Nadal 2025 en Sarria reunirá ao fútbol sala do 26 ao 28 de decembro

SarriaXa
A competición celebrarase no pavillón José Mario González, O Chanto, con premios en puntos e trofeos
Torneo-Nadal-Futbol-Sala-Sarria-2024
24 Dec 2025

Sarria acollerá entre os días 26, 27 e 28 de decembro o Torneo Nadal 2025, unha cita deportiva que converterá o pavillón José Mario González, coñecido como O Chanto, no epicentro do fútbol sala durante as festas do Nadal.

Dos 16 equipos participantes, o equipo campión recibirá 1.000 puntos e trofeo, mentres que o subcampión obterá 500 puntos e trofeo. O terceiro e o cuarto clasificado serán recoñecidos con 120 puntos e trofeo cada un.

Ademais, entregarase un trofeo ao mellor porteiro e outro ao mellor xogador do torneo.

⚙ Configurar cookies
0.071397066116333