O Torneo Os Meigallos celebrou a súa 18ª edición cun gran nivel da canteira galega

SarriaXa
O torneo serviu para poñer en valor o traballo das canteiras e reforzar os lazos entre clubs galegos
Meigallos-Fs-Torneo-2025
19 Jun 2025

O Club de Fútbol Sala Meigallos celebrou con éxito o XVIII Torneo Os Meigallos, unha cita xa consolidada no calendario deportivo que reuniu a equipos de toda Galicia.

Durante a xornada, os xogadores e xogadoras das categorías inferiores demostraron o seu talento e paixón polo fútbol sala, ofrecendo encontros de gran intensidade e deportividade.

Na categoría alevín, o primeiro posto foi para o Lugo Sala, seguido do Guitiriz FS e Os Meigallos, que acadaron o terceiro lugar. En categoría benxamín, o Lugo Sala repetiu triunfo, mentres que Os Meigallos foron segundos e o Club Ribeira FS ocupou a terceira posición. Por último, na categoría prebenxamín, o equipo do club Fonte do Rei proclamouse campión, seguido do Guitiriz FS, mentres que Os Meigallos A completaron o podio cun meritorio terceiro posto.

O torneo serviu para poñer en valor o traballo das canteiras e reforzar os lazos entre clubs galegos.

⚙ Configurar cookies
0.16190099716187