O Torneo San Xoán de fútbol volverá animar Sarria a finais de xuño coincidindo coas festas patronais

SarriaXa
A competición disputarase os días 26, 27 e 28 e a organización iniciará en marzo a busca de colaboracións
presentación-Torneo-de-Fútbol-Sala-San-Xoán-Sarria
1 Feb 2026

Sarria acollerá a finais de xuño unha nova edición do Torneo San Xóan de fútbol, unha cita deportiva que se celebrará os días 26, 27 e 28 coincidindo coas festas patronais da localidade. O evento volverá converter o fútbol nun dos protagonistas da programación festiva, reunindo a equipos e afeccionados durante tres xornadas consecutivas.

A organización do torneo avanzou que a partir do mes de marzo comezará o traballo preparatorio, cunha campaña de solicitude de colaboración dirixida a establecementos comerciais e empresas da contorna. Desde a entidade organizadora trasladan de maneira anticipada o seu agradecemento a todas aquelas persoas e negocios que se sumen á iniciativa, destacando a importancia do apoio local para facer posible o desenvolvemento da competición.

O Torneo San Xoán consolidouse nos últimos anos como unha actividade deportiva complementaria ás celebracións patronais, contribuíndo a dinamizar a vida social e deportiva de Sarria durante as datas festivas.

⚙ Configurar cookies
0.079149961471558