O tráfico da estrada LU-P-5709 quedará cortado durante unha semana

SarriaXa
A Deputación de Lugo comezou o estendido de aglomerado na estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, uns traballos que obrigan a cortar o tráfico na vía durante unha semana, quedando habilitados desvíos alternativos debidamente sinalizados.
obras Sarria Paradela
8 Sep 2023

A Deputación de Lugo comezou o estendido de aglomerado na estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, uns traballos que obrigan a cortar o tráfico na vía durante unha semana, quedando habilitados desvíos alternativos debidamente sinalizados.

A actuación nesta estrada, de Santa María a Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, conta cun investimento de preto de 260.000 euros e foi adxudicada a Excavaciones Santiños S.L.

A obra afecta a cinco quilómetros de vía, dende o punto quilométrico 5,9 ao 10,7 e entre os traballos xa levados a cabo inclúese a limpeza de laterais da vía e obras de drenaxe. Tras o estendido de aglomerado en quente restar a sinalización horizontal e vertical para rematar os traballos de rehabilitación.

As obras permitirán aumentar a seguridade e comodidade da vía, que conta con máis de 14 quilómetros, dos que 3,9 son no concello de Paradela e 10,3 pertencen a Sarria.

0.14752316474915