O Tremeterra Fest do Incio suma novas confirmacións para o IV Encontro Soundsystem da Terra Brava

SarriaXa
Estas novas confirmacións consolidan o Tremeterra Fest como unha das citas referenciais para a escena soundsystem galega
Tremeterra-2024-2
7 Jun 2025

O Tremeterra Fest, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no Concello do Incio, continúa a reforzar o seu cartel co anuncio de novas propostas musicais que prometen converter a cuarta edición do Encontro Soundsystem da Terra Brava nunha cita ineludible para os amantes do dub e as sonoridades conscientes.

Entre as novas incorporacións destaca Piya Zawa, artista recoñecida pola súa capacidade para crear paisaxes sonoras cheas de cor, nas que as vibracións profundas do Roots e o Dub se entrelazan de xeito fluído e virtuoso. A súa proposta, en colaboración con High Nebra, promete unha experiencia sensorial e espiritual que busca a emoción e a conexión a través do son.

Tamén se suma ao cartel Tom Spirals, unha das voces máis singulares do panorama europeo, que levará ao escenario do Incio a súa fusión entre a tradición musical escocesa e o dub máis vangardista. A súa actuación, igualmente compartida con High Nebra, reforza a aposta do festival pola diversidade sonora e a experimentación cultural.

Estas novas confirmacións consolidan o Tremeterra Fest como unha das citas referenciais para a escena soundsystem galega, cun espírito que conxuga a celebración da música coa defensa do territorio e a cultura alternativa.

⚙ Configurar cookies
0.16570091247559