O último grupo de debate do proxecto Láncara Amigable coas Persoas Maiores terá lugar na Pobra de San Xiao

SarriaXa
A área de Servizos Sociais do Concello de Láncara celebra esta tarde o último grupo de debate con persoas maiores de 60 anos, enmarcado no proxecto Láncara Amigable coas Persoas Maiores.
grupo de debate Láncara persoas maiores
30 Nov 2023

A área de Servizos Sociais do Concello de Láncara celebra esta tarde o último grupo de debate con persoas maiores de 60 anos, enmarcado no proxecto Láncara Amigable coas Persoas Maiores.

Así, a partir das 16.30 horas organizarase unha xuntanza no Antigo Centro Médico de A Pobra de San Xiao no que poderán participar persoas que vivan nas parroquias de A Pobra de San Xiao, Bande, Muro, Ronfe, Neira, Oleiros, Vilambrán ou Larín.

Na reunión falarase sobre experiencias positivas e negativas, así como de suxerencias de mellora en relación a espazos ao aire libre e edificios, transporte, vivenda, respecto e inclusión social. Tamén se abordarán cuestións como a participación social, a comunicación e información, o traballo e participación cidadá e os servizos Sociais e de Saúde.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19204497337341