O venres e o sábado a sala Buril de Sarria acollerá varios concertos

SarriaXa
O venres e o sábado a sala Buril da vila de Sarria acollerá varios concertos dos grupos Lethargic Death Doom, Mugre The Band e On Fire
buril sarria 1
1 Dec 2022

Maña venres 2 de decembro e o sábado día 3 terá lugar na sala da asociación Buril de Sarria, situada na travesía Mueblenorte, os concertos dos grupos Lethargic Death Doom, Mugre The Band e On Fire.

O venres será a quenda do grupo Lethargic Death Doom que estarán presentando o seu segundo álbum Woodoo Tumba, acompañados polo grupo de rock santiagués Mugre The Band. O concerto dará comezo ás 23.00 horas.

Lethargic é un proxecto death-doom Metal Old School creado por Óscar G. Comendador. Esta banda ten a súa orixe en 2015, orientándose máis cara a escola europea do Death e o Doom de bandas de finais dos 80 e principios dos 90.

As entradas terán un custo de 5 euros como apoio para os grupos participantes.

E o sábado día 3 tamén ás 23.00 horas e por un custo de 5 euros, o encargado de amenizar a noite será On Fire.

O estilo death-doom

O death-doom, tamén chamado death doom metal, é un subxénero do doom metal que mezcla os elementos do doom metal coa acústica do death metal e que ten as súas orixes a principios dos anos 1990 en Inglaterra, Reino Unido e se caracteriza pola incorporación de voces guturais e guitarras pesadas, máis veloces que no doom metal tradicional.

O death/doom fusiona elementos do death metal facendo que o sonido doom metal sone máis intenso, con voces guturais profundamente graves, veloces e inintelixibles, asociando todo isto a unha métrica lenta, dominada polos tempos graves e longos. A lírica é, polo xeral, un dos aspectos máis coidados remitindo a un romanticismo obscuro escrita nun formato moi poético e introspectivo. Moitas veces, atópase ligada ó existencialismo.

buril sarria
0.17919301986694