O Verbena Fest de Sarria terá lugar os vindeiros 4 e 5 de agosto no Meigallo

SarriaXa
O Verbena Fest de Sarria terá lugar os vindeiros 4 e 5 de agosto no Meigallo e representantes do PP reuníronse con eles
A Verbena Fest
30 Abr 2023

A quinta edición do Verbena Fest celebrarase os días 4 e 5 de agosto e terá de novo como escenario o local Meigallo, cunha terraza ao aire libre con capacidade para 1000 persoas.

O sábado celebrarase a xornada principal, con música desde as 13.00 horas; os concertos serán de balde ata as 20.00 horas e a continuación de pago ata as 2.00 horas da madrugada do domingo.

As entradas darán acceso aos concertos de Second, Sexy Zebras, Kamikaze Helmets e El Chico López. O cartel do sábado completarase coa actuación previa, pola tarde, de Malenne, Louband e Los Naipes.

A gastronomía é un valor engadido para o festival, con varios postos de comida no recinto, nos que se ofrecen pratos típicos ou de fusión de gran calidade elaborados por cociñeiros locais.

Ademais, este ano o festival servirá de marco para que distintos colectivos e asociacións de Sarria instalen stands informativos para dar a coñecer o seu traballo.

Javier Arias, o delegado da Xunta en Lugo, mantivo unha xuntanza cos organizadores do Verbena Fest de Sarria, José Castro e Héctor Sánchez, entre outros, para concretar a colaboración do Goberno galego co evento.

0.17367601394653