O Verbena Fest presentou o seu cartel oficial para o evento dos vindeiros 4 e 5 de agosto

SarriaXa
O Verbena Fest presentou o seu cartel oficial para o evento dos vindeiros 4 e 5 de agosto na terraza do Meigallo de Sarria
A Verbena Fest
15 Xul 2023

Os organizadores do Festival Verbena Fest de Sarria presentan o seu cartel definitivo e anuncian que van facer un sorteo de dúass entradas dobres para gozar do evento de forma gratuíta no que se pode participar ata o domingo pola noite.

Con respecto ao cartel, este recolle os grupos e artistas que actuarán no evento, que terá lugar na terraza do Meigallo de Sarria, e que inclúe a actuación de Grande Oso e Los Naipes, este último no marco do Sarria Blues no Camiño, que colabora nesta cea baile.

Pola súa parte, o sábado será o día grande do Verbena Fest, no que actuarán os grupos Dúin, Malenne, Louband, Kamikaze Helmets, The Rapants, Sexy Zebras e Second.

Cartel Verbena Fest
0.20921587944031