O VI torneo Pedro Canoa disputarase en Sarria esta fin de semana
Este sábado 30 e domingo 31 de outubro, todas aquelas persoas ás que lles guste o fútbol base, poderán gozar no estadio municipal A Ribela de Sarria da VI edición do torneo Pedro Canoa.
O torneo, organizado pola SD Sarriana, contará con competición nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, polo que os participantes disputarán partidos de fútbol 8.
Esta cita, adoitábase xogar nos meses de verán, cando non había ningunha competición ligueira en activo, sen embargo, este ano, a causa da situación sanitaria, o torneo levarase a cabo o último fin de semana de outubro. Ademais, o evento realízase coma homenaxe a Pedro López Canoa, un exxogador da Sarriana que faleceu atropelado en Costa Rica fai uns anos.
Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co club a través das redes sociais. Por outra beira, tanto a Deputación de Lugo, coma o Concello de Sarria e Cruz Vermella colaboran na celebración de este evento.