O Vicedo, Quiroga, Vilalba e Triacastela acollerán cursos de Protección Civil

TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública para o primeiro semestre do ano
cursos-voluntarios-proteccion-civil
23 Mar 2026

A Xunta organiza seis cursos con 143 prazas para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nos municipios do Vicedo, Quiroga, Vilalba e Triacastela.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o primeiro semestre do ano.

A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase o próximo sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil.

Tamén se ofrecerán dous cursos presenciais de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais, nos municipios do Vicedo – do 10 ao 19 de abril- e Triacastela – do 15 ao 24 de maio -.

Por outra banda, haberá dúas accións formativas sobre desfibrilación externa semiautomática en Vilalba – o 25 de abril – e Quiroga – o 30 de maio -. O obxectivo é adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médica. Tamén acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.

Así mesmo, Quiroga acollerá do 20 de abril ao 11 de maio un curso semipresencial sobre accidentes na estrada, que terá unha parte en liña a través da plataforma de formación da Agasp. A finalidade é preparar aos voluntarios para a intervención en accidentes de tráfico.

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade da cidadanía galega.

0.12002182006836