O VII Torneo Memorial Pedro Canoa, esta fin de semana en Sarria

SarriaXa
Do 3 ao 5 de xuño, o Campo Municipal de A Ribela vai acoller a sétima edición do Torneo Memorial Pedro Canoa
iluminacion campo ribela sarria
30 Maio 2022

O Campo Municipal de A Ribela vai ser o escenario esta fin de semana da sétima edición do Torneo Memorial Pedro Canoa, en evento organizado pola S.D. Sarriana e adicada a recordar ao que fora xogador das súas categorías inferiores.

A competición empezará o venres día 3 de xuño coa disputa das categorías biberón e prebenxamín. Para o sábado día 4 de xuño quedarán os benxamíns e alevíns e o domingo día 5 de xuño cerrarán este VII Torneo Memorial Pedro Canoa os equipos da categoría infantil.

En total, a organización, que corre a cargo da S.D. Sarriana, ten previsto contar con máis de vinte clubes e setenta equipos nas diferentes categorías para reunir durante unha intensa fin de semana co fútbol como gran protagonista a máis de oitocentos xogadores.

Entre os clubes participantes, ademais de equipos da zona e de toda a provincia, o VII Torneo Memorial Pedro Canoa vai contar con equipos da base da Ponferradina, do Lugo, do Deportivo da Coruña e do Real Club Celta de Vigo.

0.17484498023987