O vindeiro 11 de xuño O Páramo acollerá o descenso en bicicleta DH Molinos
SarriaXa
O vindeiro 11 de xuño O Páramo acollerá o descenso en bicicleta DH Molinos organizado polo club DHG Galicia en Sarria
26 May 2023
O descenso DH Molinos organizado polo club DHGalicia de Sarria e que acolle o campionato galego terá lugar o vindeiro 11 de xuño no Páramo e as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo ata o vindeiro 8 de xuño.
O ano pasado tamén tivo lugar no Páramo e reuniu a 90 deportistas, que percorreron os montes do municipio en bicicleta durante dous días e cuxo gañador absoluto foi Iván Mourelo, do club organizador.
Este ano se prevén unha participación similar de deportistas e desde o club xa teñen moitas ganas deste evento, así como do Descenso Urbano de Sarria, que terá lugar en xullo.