O vindeiro 17 de setembro a Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe termal
A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha nova actividade para o vindeiro domingo 17 de setembro despois de rematar a tempada de verán.
Esta actividade consistirá nunha excursión e viaxe termal na provincia de Ourense para a que as persoas participantes deberán pagar unha cota de 55 euros se son socios e de 60 euros se non o son, que inclúen o traslado, a comida, as visitas, a experiencia termal e o seguro de viaxe.
Así, sairase de Paradela ás 08.00 horas, xa que se parará no camiño para almorzar, e ao chegar a Ourense, visitaranse as localidades ourensás de Vilanova dos Infantes e Celanova, onde comerán.
Xa pola tarde terá lugar o prato forte, un circuito termal no Balneario de Cortegada en grupos de 24 persoas e cunha duración de circuito de hora e media por cada grupo. Xa rematado o circuíto volverán de volta a Paradela.