O vindeiro 27 de abril celebrarase a primeira edición dos Cantos de Taberna de Samos
A Asociación de Comerciantes de Samos organiza a celebración da primeira edición dos Cantos de Taberna da vila o vindeiro sábado 27 de abril.
Co apoio do Concello de Samos, celebrarase este evento co fin de dinamizar a hostalaría e o comercio da vila, tal e como se fai noputros concellos, como o de Sarria.
Os bares participantes serán o Mesón Pontenova, o Hotel a Veiga, o Restaurante Albaroque, a Abadía, Tras do Convento, Cantina de Renche e Casa de Airapadrón. Pola súa parte, os grupos participantes serán Son de Outeiro, Nubeiro Son Galego, Os corenta e chinco, Gaiteiros de Goián, Son do Mao, Lingoreteiros, Cómeme "A Bica", Estoupafoles e Os trece de Lugo.
Cabe destacar que Chus López, alcaldesa de Samos, decidiu investir parte dos orzamentos de Cultura do Plan da Deputación para celebrar os Cantos de Taberna para aumentar a oferta cultural no municipio.