O vindeiro 30 de marzo terá lugar a II comida confraternal dos veciños do barrio das Casetas de Sarria
SarriaXa
A II edición da comida anual de confraternidade dos veciños e veciñas do barrio das Casetas de Sarria celebrarase o vindeiro 30 marzo, despois da boa acollida que tivo a primeira edición, o ano pasado.
19 Jan 2024

Así, daquela xuntáronse 150 persoas, que compartiron un xantar no que houbo polbo, igual ca este ano, que será servido por Pulpería Marisol, e tamén haberá sesión vermú acompañada da actuación musical duns gaiteiros da zona, así como haberá baile e máis sorpresas.
A intención é celebrar esta iniciativa na rua Diego Pazos, igual ca o ano pasado e para iso haberá que pechar a rúa e instalar unha gran carpa que acolla ás persoas participantes, que desde a organización esperan que sexa similar á do ano pasado.