O vindeiro sábado, 14 de decembro, o concello vello do Páramo acollerá un acto

SarriaXa
O obxectivo é elixir os catro representantes e respectivos suplentes na Xunta local da zona de reestruturación parcelaria de Friolfe
Friolfe-O-Páramo
7 Dec 2024

O vindeiro sábado, 14 de decembro, a partir das 11.00 horas, o concello vello do Páramo acollerá un acto para a elección dos catro representantes e respectivos suplentes na Xunta local da zona de reestruturación parcelaria de Friolfe.

Así, convócase á totalidade das persoas titulares dun dereito de propiedade ou de uso e desfrute de carácter agrarrio de terras afectadas e titulares de explotación agrarias con terras afectadas polo proceso de reestruturación parcelaria desta zona.

No mesmo acto, deberá elixirse tamén aos integrantes do Grupo Auxiliario de Traballo e os respectivos suplentes, neste caso, entre persoas titulares que deberán ser ademais residentes dentro da parroquia, procurande que na mesma estean representadas todas as entidades de poboación existentes dentro do perímetro.

Así, a súa función principal será a de asesorar e colaborar coa xunta local e o equipo técnico actuante no proceso, especialmente no trabllo de clasificación de terras.

⚙ Configurar cookies
0.64971995353699