O XII Festival Garitosis desenvolverase durante esta xornada en Sarria

SarriaXa
Nesta XII edición, contarase con diferentes artistas que levarán a música á vila sarriá en diferentes momentos
Festival-Garitosis
7 sep 2024

A asociación Rúa da Música celebra, un ano máis, o seu Festival Garitosis, que será o sábado, 7 de setembro na Travesía da Rúa Nova.

Nesta XII edición, contarase con diferentes artistas que levarán a música á vila sarriá en diferentes momentos, comezando ás 13.00 horas coa sesión vermú con invitación a churrasco da man de Jack J. Hutchinson.

Xa pola tarde, a partir das 20.30 horas, terá lugar a apertura da porta para que se acheguen as persoas interesadas en desfrutar deste evento, no que actuará La Alfombra Mágica ás 21.00 horas, Zalomon Grass ás 22.15 horas, Señor Salvaje ás 23.45 horas, Crowed ás 01.15 horas e DJ Jorginho ás 02.30 horas.

Desde a organización do evento sosteñen que apostan por bandas de música de diverso tipo, aínda que predomina o rock, e tamén apostan por bandas emerxentes para darlle voz a novos rapaces que estean comezando no mundo da música. Ademais, todos os anos contaban cun concerto dunha banda da Asociación da Rúa da Música, pero este ano non poderá ser. Porén, esperan que nos vindeiros anos poidan seguir promovendo a participación de grupos de Sarria.

0.07548999786377