O XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continúa enchendo as rúas da vila
O XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria comezou con diversos espectáculos de maxia nos que sempre estivo presente o seu organizador Roberto Lolo, acompañando a cada mago na súa posta en escena.
Tanto é así, que El Barón, un mago recoñecido nacionalmente, puxo en valor o esforzo e traballo de poñer en marcha un festival de maxia durante catro días seguidos e implicando tanto persoal e establecementos, xa que non son actuacións nun sitio unhas horas, senon que os artistas van aparecendo en diferentes localizacións da vila de Sarria, permitindo, tamén, que veciños e veciñas se acheguen a comercios nos que poden consumir, tamén co gallo da X edición do Outlet de Verán; mentres que os que veñen de fóra van coñecendo Sarria.
Así, a maxia comezou na residencia de maiores, con Roberto Lolo e Er Mago Antonio, seguiu polo paseo do Malecón co Mago Paco, logo pasou a Moncho Moda con Imanol (que se estreou en Sarria), Samuel Moreno e El Barón; logo subiu á Travesía dos soños con Deimi Varela e Er Mago Antonio, continuou en Calzados Gayoso con Alvart, MagAldara e Samuel Moreno, no Cubano chegou ás 21.30 horas con Imanol e Daniel Sánchez, e finalizou no Meigallo co Mago Iago, Roberto Lolo, Jessica Guloomal, Yao Xinge e Er Mago Antonio.
PROGRAMA DOS VINDEIROS DÍAS
Hoxe, venres 23, continúan os espectáculos de maxia por moitas localizacións da vila de Sarria para seguir achegando ilusión e alegría a pequenos e maiores.
Venres, 23 de agosto
- 11.30 horas. Maxia infantil no Paseo do Malecón con Judith Trililirí e o Mago Paco
- 12.00 horas. Maxia no CAPD de Sarria con Deimi Varela e Alvart
- 12.30 horas. Especial Maxia Infantil en Creados con MagAldara, Daniel Sánchez e Samuel Moreno
- 12.30 horas. Sesión vermú con Maxia de Preto no Mercado Paladar Gourmet con Román García, Imanol e Er Mago Antonio
- 18.00 horas. Maxia Familiar no Montecarlo con Samuel Moreno, Magic Mateo e Mago Iago
- 19.30 horas. Maxia Familiar na terraza do Hotel Alfonso IX co Mago Paco, Jessica Guloomal e El Barón
- 22.30 horas. Gran Gala #SarriaesMagia no Meigallo con Magic Mateo, Judith Trililirí, Mariano Goñi, Miguel A. Gea, Christian Miró e presentada por Román García
- 01.00 horas. Gala Especial Noite de Maxia no Don Pepe con Deimi Varela, El Barón e Yao Xinge
Sábado, 24 de agosto
- 12.30 horas. ‘Maxia no Camiño Francés’ na praza Vigo con Roberto Lolo e Edu el Mago, e coa colaboración do Camiño de Santiago Sarria
- 17.00 horas. Maxia polas terrazas do Malecón con Samuel Moreno, MagAldara, Magic Mateo, Alvart, Imanol o Judith Trililirí
- 18.30 horas. Gran Gala de Maxia de Preto na Casa da Cultura con Daniel Sánchez, Mariano Goñi, Román García e Miguel Ángel Gea
- 21.15 horas. Gala de Maxia en Galicia Accesible en Lingua de Signos no Meigallo con Samuel Moreno, Roberto Lolo, Jessica Guloomal, Bruno Tarnecci e Edu el Mago.
- 23.45 horas. Gran Gala Nocturna de Maxia no Adarve con El Barón, Edu el Mago, Yao Xinge e Christian Miró
Domingo, 25 de agosto
- 12.30 horas. Gran Gala Infantil #Todopolosorrisodunneno no Meigallo, con Mago Paco, Judith Trililirí, Edu El Mago e Christian Miró
- 18.00 horas. Maxia para toda a familia na Unión con Magic Mateo, Jessica Guloomal, Mago Iago e Daniel Sánchez
- 22.30 horas. Gran Gala Final na praza da Vila, presentada por Roberto Lolo, e na que participan Mago Iago, Yao Xinge, El Barón, Jessica Guloomal, Christian Miró, Edu el Mago e Bruno Tarnecci