O Xulgado dá a razón ao Consorcio e recoñece fixeza laboral dos bombeiros

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A xuíza titular do Xulgado do Social número 4 de Lugo arquivou a demanda dun traballador que reclamaba o recoñecemento da condición de indefinido fixo porque considera "evidente” que xa foi recoñecida extraxudicialmente polo Consorcio mediante o acordo que adoptou en Pleno o 9 de xuño, grazas ao voto de calidade do presidente.
bombeiros ges emerxencias2
10 Sep 2023

A xuíza titular do Xulgado do Social número 4 de Lugo arquivou a demanda dun traballador que reclamaba o recoñecemento da condición de indefinido fixo porque considera "evidente” que xa foi recoñecida extraxudicialmente polo Consorcio mediante o acordo que adoptou en Pleno o 9 de xuño, grazas ao voto de calidade do presidente.

A xuíza titular do Xulgado do Social número 4 de Lugo vén de ditar unha sentenza coa que dá a razón ao Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación de Servizos contra Incendios e Salvamento, ao recoñecer que esta entidade xa concedeu a fixeza laboral aos bombeiros mediante o acordo que adoptou en Pleno o pasado día 9 de xuño, grazas ao voto de calidade do Presidente, José Tomé Roca.

Na resolución, a xuíza acorda o arquivo da demanda dun traballador que reclamaba o recoñecemento da condición de indefinido fixo porque considera "evidente” que xa foi recoñecida extraxudicialmente polo Consorcio mediante o devandito acordo.

En concreto, o texto da sentenza recolle literalmente que “a la vista del acuerdo alcanzado por el pleno de la entidad demandada el 9 de junio de 2023, notificado al demandante personalmente el 7 de julio de 2023, en el que se reconoce la condición de personal laboral fijo a los bomberos del Consorcio es evidente que existe una pérdida sobrevenida de objeto puesto que la condición de personal laboral fijo ya ha sido reconocida extrajudicialmente por la entidad demandada a todos los bomberos del Consorcio, y, entre ellos, al demandante”. Desta forma, a xuíza arquiva o procedemento por “satisfacción extraprocesal”.

Ante esta sentenza, carece de sentido que os traballadores recorran ao Xulgado para reclamar algo que xa teñen recoñecido pola vía administrativa e queda desmontado “o intento de manipulación da realidade” que como colectivo están promovendo.

Así mesmo, o Consorcio ratifica que está actuando con total seguridade xurídica e seguindo punto por punto o que establece a sentenza de unificación de doutrina que ditou o Tribunal Supremo o 22 de xaneiro de 2022 con respecto ao caso dunha traballadora do SAF de Navarra, que abriu a porta á fixeza dos traballadores dos parques de bombeiros sen que teñan que pasar por un proceso selectivo porque tiñan esta condición antes da subrogación dunha empresa privada á Administración pública”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16862607002258