O XXIV Torneo Vila de Sarria de Ximnasia Rítmica reuniu arredor de 400 ximnastas

SarriaXa
Desde o Club Xirandela celebraron o éxito dunha xornada que discorreu cun ambiente cheo de emoción e compañeirismo
XXIV-Torneo-Vila-de-Sarria-de-Ximnasia-Rítmica
20 May 2025

O XXIV  Torneo Vila de Sarria de Ximnasia Rítmica reuniu a preto de 400 ximnastas procedentes de distintos clubes de Galicia e León, nunha xornada na que a paixón pola rítmica encheu as gradas de público e entusiasmo dende a primeira ata a última exhibición.

Así, participaron o Colexio Asunción (Sarria), Colexio La Merced (Sarria), o Club Xirandela, o Club Gravitty de Lugo, o Club Rítmica Kendra de Monforte, o CDR As Pontes, o Club Ximnasia Viveiro, a Escola Municipal de Xove, o Club Violeta de Baamonde, o Club Ximnasia Becerreá e o Club Rítmica Laciana de Villablino e a Escola de Ximnasia Porta Norte de Ribadeo.

Desde o Club Xirandela celebraron o éxito dunha xornada que discorreu cun ambiente cheo de emoción e compañeirismo, polo que agradeceron a colaboración de todas as persoas que fixeron posible o evento, dende patrocinadores ata nais, pais, adestradoras e participantes.

En canto aos resultados, o club anfitrión colleitou importantes éxitos en distintas categorías. No nivel B, acadaron o ouro en Iniciación P, o bronce en Iniciación M, un recoñecemento especial en Iniciación G, así como dúas medallas de prata nas categorías Benxamín e Infantil. No nivel Escolar, as ximnastas de Xirandela lograron ouros en Iniciación, Prebenxamín, Alevín M e Cadete, pratas en Benxamín, Alevín P e Senior, e un bronce na categoría Infantil.

⚙ Configurar cookies
0.16212511062622