O XXXII Torneo de Fútbol Sala de Samos de abril repartirá 2.300 euros en premios

SarriaXa
Este torneo, que cumpre xa 32 edicións, é un referente no deporte local e volverá reunir a equipos de diferentes puntos da provincia e arredores
final-Torneo-Fútbol-Sala-Samos
18 Mar 2025

O Concello de Samos acollerá os vindeiros días 17, 18, 19 e 20 de abril unha das citas deportivas máis emblemáticas da comarca: o XXXII Torneo de Fútbol Sala Samos 2025, organizado polo Samos Fútbol Sala e coa colaboración do Concello de Samos e a Deputación Provincial de Lugo.

Este torneo, que cumpre xa 32 edicións, é un referente no deporte local e volverá reunir a equipos de diferentes puntos da provincia e arredores. Os encontros celebraranse ao longo de catro intensas xornadas cheas de emoción e competición.

A organización repartirá premios aos catro primeiros clasificados:

  • 1º premio: 1.200 puntos e trofeo
  • 2º premio: 600 puntos e trofeo
  • 3º premio: 300 puntos e trofeo
  • 4º premio: 200 puntos e trofeo

As inscricións están abertas ata o día 15 de abril ás 14:00 horas, cunha cota de 150 puntos por equipo (inclúe seguro para os xogadores). Os equipos interesados poden anotarse a través dos teléfonos 626 00 55 70 ou 630 65 63 57.

O sorteo dos emparellamentos celebrarase o 15 de abril ás 21.00 horas na Adega-Cafetería Abadía de Samos, momento no que tamén se realizarán os cruces de oitavos de final. Os partidos contarán con árbitros da Federación Galega de Fútbol.

Este tradicional torneo conta tamén co apoio de numerosos negocios e entidades locais, que, unha vez máis, contribúen a manter viva a paixón polo fútbol sala e a fomentar o deporte como elemento de cohesión social e participación comunitaria.

⚙ Configurar cookies
0.48661994934082