O XXXIII Torneo de Fútbol Sala de Samos celebrarase do 2 ao 5 de abril

SarriaXa
O prazo de inscrición remata o 31 de marzo e o sorteo terá lugar ese mesmo día na Biblioteca Municipal
Torneo-futbol-sala-samos-2025
18 Feb 2026

O municipio de Samos acollerá os días 2, 3, 4 e 5 de abril de 2026 a trixésimo terceira edición do seu tradicional Torneo de Fútbol Sala, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca e que este ano celebra 33 anos de historia.

A organización establece premios para os catro primeiros clasificados. O equipo campión levará 1.200 puntos máis trofeo; o subcampión, 600 puntos e trofeo; o terceiro clasificado obterá 300 puntos e trofeo; mentres que o cuarto recibirá 200 puntos e trofeo.

A cota de inscrición está fixada en 150 puntos, incluíndo o seguro de xogadores. O prazo para anotarse remata o 31 de marzo ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través dos teléfonos facilitados pola organización.

O sorteo celebrarase o 31 de marzo ás 21.00 horas na Biblioteca de Samos, onde quedarán definidos os emparellamentos de oitavos de final.

O torneo contará con árbitros da Federación Galega de Fútbol, garantindo así o correcto desenvolvemento da competición.

O evento está organizado polo Samos Fútbol Sala e conta coa colaboración do Concello de Samos e da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.073783874511719