O XXXIII Torneo Fútbol Sala San Xoán volve a Sarria

SarriaXa
O XXXIII Torneo Fútbol Sala San Xoán volve a Sarria e se celebrará os vindeiros 23, 24 e 25 de xuño no pavillón José Mario González
cabecera torneo futbol san xoan
19 Xuño 2023

Os vindeiros 23, 24 e 25 de xuño terá lugar o XXXIII Torneo Fútbol Sala San Xoán de Sarria no pavillón José Mario González despois de quedar parado en 2016 e as persoas interesadas en participar aínda poden apuntarse ata mañá, 20 de xuño.

Así, para poder formar parte desta edición número 33, terán que poñerse en contacto con Leo, a través do número 633 131 872, ou con Toni, no 620 395 072. Só coa inscrición, cada equipo sumará 150 puntos.

O sorteo para saber que equipos se enfrontarán a outros terá lugar o propio 2o de xuño, martes, ás 21.00 horas no Meigallo de Sarria no Chanto, ao lado do pavillón.

Este torneo comezará o venres 23, na previa da noite de San Xoán, ás 20.00 horas e rematará coa final, que se celebrará o día 25 ás 20.00 horas.

Por último, haberá oito premios para os catro primeiros clasificados, un para o primeiro equipo do Concello, un para o mellor xogador, un para o mellor porteiro e un para o máximo goleador.

Futbol Sala San Xoán Sarria
0.18607091903687